O vindeiro 4 de abril en Cee, presenta o seu novo espectáculo: “Imposible!?".
“Imposible!?” é unha viaxe fascinante onde a lóxica se dobra e a realidade xoga a despistarnos. Durante o espectáculo, o público converterase en protagonista dunha experiencia chea de asombro, participación e emoción. Obxectos que aparecen e desaparecen, decisións imposibles de adiviñar, momentos que desafían toda explicación… e, sobre todo, esa sensación marabillosa de volver crer no extraordinario.
Con humor, ritmo e unha posta en escena próxima e dinámica, o Mago Rafa transforma o escenario nun espazo onde todo pode suceder. Porque cando a maxia é auténtica, o imposible deixa de selo.
Un espectáculo para todos os públicos, pensado para gozar en familia, rir xuntos e compartir ese instante único no que os ollos brillan e o corazón se enche de ilusión.
Estás preparado para vivir o "Imposible!?"
O Mago Rafa é un ilusionista galego con máis de trinta anos de traxectoria profesional, levando a súa maxia por teatros e festivais de toda a península. Creador da primeira escola de maxia de Galicia, Rafa destaca pola súa capacidade para conectar co público e facer que a maxia suceda nas propias mans dos espectadores.
Help center
Promotions and discounts
Kenne uns
Bist du ein Organisator?
Kundenservice
Whoops! Time has run out.
Remember that you have 15 minutes to complete the process.Sie haben die maximale Anzahl von Tickets für diese Sitzung überschritten.
Bitte schließen Sie diesen Kauf zuerst ab, wenn Sie mehr Tickets kaufen möchtenSie haben die maximale Anzahl von Tickets für diesen Tarif überschritten.
Bitte schließen Sie diesen Kauf zuerst ab, wenn Sie mehr Tickets kaufen möchten