O venres, 30 outubro, ás 19 h o Teatro Municipal de Tui será o escenario de “Coralinda” o novo espectáculo da compañía Elefante Elegante.
Esta comedia xestual, creada por María Torres e Gonçalo Guerreiro, vai dirixida a público familiar e está interpretada como se fose de debuxos animados. Aborda a temática da inmigración e do medo ao diferente.
O espectáculo propón unha mirada cómplice, reflexiva e sensible en relación ás experiencias que viven as persoas que viaxan lonxe da súa terra na busca de mellores condicións de vida, e que por cuestións de raza, xénero ou clase social, sofren comportamentos discriminatorios.
A través da linguaxe xestual, coa manipulación de obxectos e a interacción constante, o espectáculo crea un universo cómico e poético que viaxa do realismo á hipérbole da vida cotiá.
Coralinda conta a historia dun home que sempre vai vestido de gris e vive nun lugar gris. Todo cambia cando chega unha muller cun colorido vestido e que non deixa a ninguén indiferente.
· Creación: María Torres e Gonçalo Guerreiro
· Dirección de escena e escenografía: Gonçalo Guerreiro
· Elenco: Pablo Sánchez e María Torres
· Xénero teatro: físico
· Publico: familiar: +3 anos
· Duración: 45min
· Idioma: galego
· Prezos: 4€ - 3€
Help center
Promotions and discounts
Are you an organizer?
Customer support
Whoops! Time has run out.
Remember that you have 15 minutes to complete the process.You have exceeded the maximum number of tickets for this session.
Please complete this purchase first if you wish to purchase more ticketsYou have exceeded the maximum number of tickets for this rate.
Please complete this purchase first if you wish to purchase more tickets