Ticket TUI entradas TEATRO | DEDÍN, DEDÍN, DEDAL | Malasombra Producións en Pontevedra

Description

Malasombra Producións con “Dedín, Dedín, Dedal”

O público familiar dende os 3 anos é o destinatario de “Dedín, Dedín, Dedal” o espectáculo que Malasombra Producións presentará o venres, 16 outubro 19 h no Teatro Municipal de Tui.

Yoli Lorenzo e Brais Iriarte dan vida a este espectáculo creado e dirixido por Andrea Bayer e Óscar Ferreira.

“Dedín, dedín, dedal” está pensado para liar, rir e bailar. Vai dirixido aos máis pequenos e pequenas da casa. A palabra, os xogos, os contos e as cantigas están moi presentes ao longo da función. 

·         Xénero: teatro musical                  

·         www.malasombra.gal  

·         Publico familiar: +3 anos ata 8 anos        

·         Duración: 45min                              

·         Idioma: galego                

·         Prezos: 4€ - 3€

TEATRO MUNICIPAL | TUI