Entrada TUI entradas TEATRO | UN DEUS SALVAXE | Talía Teatro en Pontevedra

Descripción

Talía Teatro con “Un Deus Salvaxe”

Talía Teatro regresa ao Teatro Municipal coa súa última montaxe “Un Deus Salvaxe” o venres, 9 de outubro, ás 21 h.

“Un Deus Salvaxe” de Yasmina Reza presenta unha sátira áxil e mordaz que explora con certo humor e ironía as fraquezas humanas e as tensións latentes nas relacións persoais e sociais.

Artur Trillo dirixe este espectáculo que conta cun elenco formado por María Ordoñez, Dani Trillo, Marta Lado e Toño Casais.

A obra conta a historia de dous matrimonios, adultos e civilizados, que se atopan para resolver un incidente protagonizado polos seus fillos pequenos: un deles partiulle dous dentes ao outro nunha pelexa no parque. 

Con esta montaxe, Talía Teatro reafirma o seu compromiso coa creación dun teatro de calidade, relevante e comprometido co público galego.

·         Xénero: drama                                 

·         www.taliateatro.gal

·         Publico: familiar  + 14 anos         

·         Duración: 70 min             

·         Idioma: galego                 

·         Prezos: 10€ - 7,5€

TEATRO MUNICIPAL | TUI