El plazo para la venta de este evento ha terminado.

Entrada Abril + Lontras (Ciclo Nunha Sala) en Pontevedra

Artistas relacionados
Descripción
CICLO NUNHA SALA

Presentación de 'Medrar' o primeiro disco de ABRIL
Claudia Abril (voz e percusións) e Marina Carpente (violín e voz) integran este proxecto no que melodías tradicionais galegas son adaptadas a sonoridades actuais con certa intimidade, personalidade e frescura. Abril é unha proposta de folk contemporáneo na que instrumentos de música tradicional como a pandeireta, o pandeiro ou o violín folk dan lugar a un coidadísimo repertorio que contribúe a poñer en valor a música tradicional galega sen deixar de lado a modernidade. Abril é tradición renovada; sons de raíz en harmonía co presente. Un microcosmos folclórico no que as identidades converxen e crean comunidade.


Presentación de 'Caras no lume', o disco debut de LONTRAS
LONTRAS é unha banda viguesa formada por Juan Arca, Zalo Rodríguez e Sunil López. As súas referencias suxiren sonoridades pouco exploradas na escena contemporánea galega, serpeando nun código sonoro no que se respiran ecos que van desde Chico Buarque ou Rodrigo Amarante a Wilco ou Boards of Canada. Así, o imaxinario estético de Lontras resoa como unha curiosa xénese na que o jazz, a indietrónica, a canción ibérica, a música clásica contemporánea e o pop alternativo máis maduro se dan a man. Nas súas cancións, as evocadoras letras combínanse con harmonías sofisticadas e unha produción preciosista e rica en detalles, construíndo verdadeiras paisaxes sonoras que estimulan a imaxinación dos seus oíntes.
Sala Rebullón