CONDICIÓNS E NORMAS DA ENTRADA
As portas da casa da cultura pecharanse puntualmente na hora de comezo da obra de teatro. Unha vez pechadas, quedará prohibido o acceso ao recinto e non se admitirán reembolsos das entradas a aquelas persoas que non chegaran antes do comezo da función. Recoméndase a estes efectos presentarse coas entradas en man media hora antes da función.
Os menores de 12 anos (en obras infantís), titulares de carné xove, parados e maiores de 65 anos poden gozar dun desconto de 1,5€ na entrada. Para que a reserva teña validez, á hora do acceso deberán presentar un documento acreditativo da idade, paro ou carné xove para poder acceder ao auditorio. En caso de non poder validar dito desconto será necesario aboalo antes de acceder ao auditorio. Para poder aplicar este desconto debes introducir o seguinte código á hora de confirmar a entrada: DESC_IDADE
SINOPSE DA OBRA
CORALINDA é unha comedia xestual, interpretada ao estilo dos debuxos animados, que aborda a temática da inmigración e o medo ao que é diferente.
Esta obra propón unha ollada cómplice, reflexiva e sensible en relación ás experiencias que viven as persoas que viaxan lonxe da súa terra en busca de mellores condicións de vida e que, por cuestións de raza, xénero ou clase social, sofren comportamentos discriminatorios.
Nun lugar cincento vive un señor todo vestido de cor cincenta que manipula unha serie de caixas… cincentas. Un día, chega unha muller. Leva un vestido colorido e unha actitude exuberante que non deixa a ninguén indiferente. En canto ve ao señor, diríxese a el. Pero este, desconfiado ante a expresividade dos xestos dela e o volume da súa música, constrúe un enorme muro que lle impide entrar. Ela tenta dicirlle que as súas intencións son pacíficas e amigables, pero o señor amósase reticente a comunicarse coa visitante.
Será que estas dúas persoas, aparentemente tan opostas, darán construído un lugar diferente, onde caiban moitas máis cores e máis persoas?
Centro de ayuda
Promociones y descuentos
¿Eres organizador?
Atención al cliente
¡Oups! El tiempo se ha agotado.
Recuerda que tienes 15 minutos para completar el proceso.Has excedido el número máximo de entradas para esta sesión.
Por favor complete esta compra primero si desea comprar más entradasHas excedido el número máximo de entradas para esta tarifa.
Por favor complete esta compra primero si desea comprar más entradas