Preto de Samaín, un misterio que involucrará ao público entre risas e sorpresas.
Durante unha cea con espectáculo no recoñecido Restaurante Solymar, prodúcese un asasinato inesperado.
A que debía ser unha noite perfecta convértese nun escenario de caos e sospeitas. Todos son posibles culpables: a dona do local, o chef, a barman, as camareiras. Cada un/unha dos empregados/as posuía un motivo e cada un tivo a súa oportunidade.
A través da testemuña da propia vítima, que rompe os límites entre a vida e a morte, o público irá descubrindo unha historia marcada polos ciumes, as traizóns e as envexas que arrastran feridas do pasado. Nada é o que parece. Ninguén é inocente.
Nesta obra interactiva, o público non se limita a observar: participa, investiga e decide.
NOTA: Poderán ser beneficiarias da entrada reducida as persoas dos seguintes grupos: mozos e mozas con Carné Xove (12 a 30 anos), maiores de 65 anos, persoas con un grado de discapacidade recoñecida, persoas desempregadas, perceptores de Rendas Sociais, membros de familias monoparentais ou numerosas.
No caso de mercar a entrada reducida deberá presentarse documento acreditativo da situación específica xunto coa entrada no momento do acceso ao espectáculo. De non dispoñer desa proba documental, poderase denegar o acceso.
Centro de ayuda
Promociones y descuentos
¿Eres organizador?
Atención al cliente
¡Oups! El tiempo se ha agotado.
Recuerda que tienes 15 minutos para completar el proceso.Has excedido el número máximo de entradas para esta sesión.
Por favor complete esta compra primero si desea comprar más entradasHas excedido el número máximo de entradas para esta tarifa.
Por favor complete esta compra primero si desea comprar más entradas