CASA DA CULTURA "SANTEIROS DE CHAVE" DE LOUSAME
DOMINGO 25 DE OUTUBRO
18.00 HORAS
Supercoroza
SUPERCOROZA, protagonista de Na Eira e na Lareira, é salvagarda do noso: da nosa xente, da nosa lingua, música, contos e tradicións. O seu superpoder á a recuperación da tradición e procura a transmisión cultural a través da música, baile, contos dun xeito ameno, divertido e participativo.
Os contos e as cancións en Galicia servían para transmitir o calendario agrícola e os mitos dunha xeración a outra e o galego foi o seu vehículo de transmisión. A importancia da lingua nesta transmisión resulta fundamental dado que hoxe sabemos que as distintas linguas permiten costruír mentes distintas, polo tanto, a idiosincrasia das persoas que viven en Galicia e a súa tradición oral non sería o mesmo se non fora en galego, por iso tamén a necesidade de falalo e protexelo.
Neste espectáculo cantarase e contarase como se facía de antigo, para para que estas historias e cancións poidan seguir transmitíndose de xeración en xeración, ofrecendo unha xanela única ao noso pasado colectivo.
Idades
Dende os 5 anos
Duración
40-45 min.
Estrea
17/05/2023 - Raigame (Vilanova dos Infantes)
Elenco artístico
Topo Vidal
Música e baile
Lois Prado
Idioma
Galego
Produción e distribución
A Xanela do Maxín
Idea orixinal
Celtia Figueiras
Autoría e dirección
Xosé Breijo "Topo"
Vestiario e escenográfia
Xosé Breijo
Lois Prado
https://axaneladomaxin.com/espectaculos/supercoroza-na-eira-e-na-lareira/
PODES ACUDIR CONSEGUINDO A ENTRADA DE CONVITE DOS SEGUINTES XEITOS:
1-RETIRAR A ENTRADA EN BANDOTICKET.COM (O MÁIS SEGURO E AXIL)
2-CHAMAR POR TELÉFONO AO DEPARTAMENTO DE CULTURA (981 82 57 80)
3-O MESMO DÍA DA ACTUACIÓN NA CASA DA CULTURA, 30 MINUTOS ANTES DA ACTUACIÓN (RESERVAMOS UN 10% DAS ENTRADAS A TAL EFECTO)
Centro de ayuda
Promociones y descuentos
¿Eres organizador?
Atención al cliente
¡Oups! El tiempo se ha agotado.
Recuerda que tienes 15 minutos para completar el proceso.Has excedido el número máximo de entradas para esta sesión.
Por favor complete esta compra primero si desea comprar más entradasHas excedido el número máximo de entradas para esta tarifa.
Por favor complete esta compra primero si desea comprar más entradas