Entrada D'SUPETO NA SALA GARUFA en Coruña, A

10.00 €
Precio
Desde
Descripción

D´Súpeto presenta na Coruña a súa proposta de folk galego acústico

D'Súpeto é unha nova banda galega dedicada a reinterpretar a música tradicional desde unha perspectiva contemporánea e creativa. Alternan versións de temas tradicionais coas súas propias composicións, creando un son fresco e auténtico.

Os membros da banda son veteráns experimentados da escena folk galega; entre outros proxectos (Milladoiro, DOA, Susana Seivane, Roi Casal, Pentalfa, Andrés Penabad...) tocaron xuntos no lendario grupo Citania e decidiron embarcarse nunha nova aventura que explorase novas vías da súa creatividade tras o lanzamento do último álbum de Citania.

O seu debut oficial tivo lugar na 12.ª edición do Noia Harp Fest 2025, un dos festivais internacionais de arpa máis recoñecidos, nun concerto moi agardado polos amantes da música de raíz, e desde entón levan interpretando a súa música en diversos escenarios do país. Foron semifinalistas do Certame Runas do Festival de Ortigueira e son finalistas da actual edición do Folkez Blai de Ermua (dos máis prestixiosos certames de música de raíz a nivel estatal)

O seu son continúa evolucionando cara a un estilo máis contemporáneo, mentres sempre se inspira en melodías tradicionais, cancioneiros e nas súas propias composicións.

O grupo atópase actualmente na fase de preprodución do que será o seu primeiro álbum.



GARUFA CLUB