AMIGAS
Tiñamos moitísimas ganas de ensinarvos este cartel! Cun line up de artistas moi especiais que nos visitan dende diferentes puntos da península.
Dende Euskal Herria, Bassantewaa Sound System será o encargado de sonorizar o baile, traendo toda a súa pressure na súa Mono Tower e presentando unha nova configuración na nosa terriña. Xunto con todo o bass, traen unha selección de auténtico vértigo.
Dende Zaragoza chega Blua.akvo, unha artistaza coa que tiñamos moitísimas ganas de compartir os controis e, sobre todo, de que a poidades gozar con nós! Ademais, traerá algunha sorpresiña durante a súa sesión.
Entre Galiza e Valencia chega Landra, parte da crew dun dos colectivos máis emblemáticos da escena, Bassetxea. Vén preparada para encher o micro de mensaxe, conciencia e moita forza.
E, como non, as nosas queridiñas Dubdasduas, un colectivo que está medrando con moitísima forza en Galiza e coas que temos o pracer de compartir esta data.
Unha sesión moi especial para todas as amigas! Preparade o bañador, os mellores pasos de baile e vide gozar con nós das mellores vibes do verán.
Centro de ayuda
Promociones y descuentos
¿Eres organizador?
Atención al cliente
¡Oups! El tiempo se ha agotado.
Recuerda que tienes 15 minutos para completar el proceso.Has excedido el número máximo de entradas para esta sesión.
Por favor complete esta compra primero si desea comprar más entradasHas excedido el número máximo de entradas para esta tarifa.
Por favor complete esta compra primero si desea comprar más entradas