Os nomes íntimos é un proxecto de Lucía Aldao e Samuel Merino onde conflúen a palabra, a música e a intimidade para falar en voz alta das cousas que importan.
Os nomes íntimos son aqueles que nos interpelan e que, por veces, portamos involuntariamente e en silencio. Nomes que, non sendo nós, condicionaron tantas veces o noso espazo e o noso tempo vital, facéndonos demasiado visibles e, por contra, case transparentes.
Que nome ten a túa identidade? Como te chamaban antes de saber quen eras?
"Os nomes íntimos" é a nova proposta de Lucía Aldao e Samuel Merino, un encontro de poesía escénica e música que foxe de calquera distancia para abrazar a autenticidade. Cun formato de proximidade e complicidade, Samuel e Lucía comparten as súas propias feridas e vitorias para convidar ás persoas asistentes a un diálogo aberto.
Falarán dos nomes que portamos en silencio, dos alcumes que nos deron as nosas amizades e de como a palabra pode transformar a vella vergoña en nova fachenda. Unha experiencia emocional e vibrante que combina o humor coa reflexión profunda sobre a saúde mental e o dereito a ser.
"Os nomes íntimos" é unha celebración do común, unha oportunidade para escoitar, participar e, sobre todo, recoñecernos nos nomes que nos interpelan desde o cariño e a liberdade. Unha aposta segura para programadores que buscan contido social con alma e calidade artística.
Os seus nomes propios son Lucía Aldao e Samuel Merino.
Lucía Aldao é unha poeta e música da Coruña que leva máis de media vida recitando e cantando nos escenarios máis variados. Poesía escénica para todos os públicos, música, humor e animación cultural son as súas principais ocupacións profesionais. Lidera a banda PAVA, coa que obtivo en 2024 o Premio Martín Códax ao mellor proxecto de pop/indie.
Samuel Merino é un creador multidisciplinar de Mos (Pontevedra) que desenvolve o seu labor arredor dunha poética que leveda na súa formación filosófica e a súa experiencia no eido das artes escénicas.
Help center
Promotions and discounts
Kenne uns
Bist du ein Organisator?
Kundenservice
Whoops! Time has run out.
Remember that you have 15 minutes to complete the process.Sie haben die maximale Anzahl von Tickets für diese Sitzung überschritten.
Bitte schließen Sie diesen Kauf zuerst ab, wenn Sie mehr Tickets kaufen möchtenSie haben die maximale Anzahl von Tickets für diesen Tarif überschritten.
Bitte schließen Sie diesen Kauf zuerst ab, wenn Sie mehr Tickets kaufen möchten