Joshua Kenneth é un artista internacional de orixe galega que viaxa por todo o mundo realizando actuacións de maxia.
Participou en programas como Got Talent España ou na famosa serie estadounidense Fool Us de Penn & Teller en Las Vegas. Tamén foi convidado a actuar no prestixioso Magic Castle de Hollywood, en Los Ángeles.
A súa maxia foi recoñecida en importantes competicións de Portugal, Bulgaria e Italia, acadando un premio FISM en Turín como segundo mellor mago de toda Europa.
Degustación de imposibles é unha obra apta para todos os públicos, e nesta selección de imposibles, a realidade do público distorsiónase con impactantes elementos visuais e poéticos, como as pompas de xabón, os panos de seda ou as sombras chinesas. Setenta minutos de abraio, humor e misterio, mesturados cun chisquiño de historia do ilusionismo.
Unha experiencia interactiva, divertida e artística que deleita ao espectador, convidándoo a entrar nun mundo no que todo é susceptible de ser transformado, onde nada é imposible.
Atréveste?
Help center
Promotions and discounts
Are you an organizer?
Customer support
Whoops! Time has run out.
Remember that you have 15 minutes to complete the process.You have exceeded the maximum number of tickets for this session.
Please complete this purchase first if you wish to purchase more ticketsYou have exceeded the maximum number of tickets for this rate.
Please complete this purchase first if you wish to purchase more tickets