Ticket RUXE-RUXE. · 30 ANIVERSARIO · PRESENTACIÓN DO NOVO DISCO "PLUM!" en A Coruña

15.00 €
Price
From
Description

Ruxe Ruxe celebra no 2027 o seu trinta aniversario cunha nova xira e a publicación do seu novo "Plum!", un disco que reafirma o excelente momento artístico dunha das bandas máis sólidas, activas e influentes do rock galego.

A banda de Aríns presenta un novo traballo gravado en Euskadi baixo a produción de Kaki Arkarazo e inicia unha xira coa que celebra tres décadas de rock en galego, compromiso e identidade.

Plum! reúne doce cancións inéditas que condensan todas as claves que definiron o son e a personalidade do grupo desde os seus comezos: potencia, melodías memorables, existencialismo, realismo máxico, crítica social, retranca e unha maneira única de entender o rock feito desde Galiza e en galego.

Tres décadas despois da súa formación, Ruxe Ruxe continúa fiel á súa esencia. Lonxe de acomodarse, a banda chega a este aniversario cunha enerxía renovada e cunha traxectoria difícil de igualar: dezaseis LPs, varios EPs, un documental e centos de concertos por Galicia, o resto do Estado e diferentes países europeos avalan unha carreira construída desde a independencia, a honestidade e o compromiso coa música e coa cultura galega.


Como banda convidada estarán The Eskarallas, un grupo cargado de rebeldía punk, enerxía e rabia para poñer o mundo do revés. Letras acedas, retranca e ningún medo a liorta directa e honesta. Os seus concertos son auténticas cerimonias punk coas que xa teñen conquistada a toda a península despois de encher salas e non deixar a ninguén indiferente aló por onde pasan.  Agora están a piques de entrar a gravar o que será o seu segundo disco de estudio mentres continúan electrificando o escenario e demolendo conciencias canción a canción.


Sala Capitol