La scadenza per la vendita di questo evento è finita.

Biglietto Encordass Fiddle Fest Especial Escocia en Pontevedra

Descrizione

Encordass Fiddle Fest é un festival internacional de música de corda organizado pola asociación sin ánimo de lucro Galicia Fiddle que se celebra na Illa de San Simón, na Ría de Vigo, Galicia. Este evento destaca por fusionar a música tradicional galega con sonoridades doutras culturas, tendo ao violín como instrumento central. Co violín como fío condutor, o festival é un evento poliédrico que combina concertos en diferentes formatos con obradoiros musicais especializados, actividades para todas as idades, gastronomía, danza tradicional, charlas culturais, paseos en barco e natureza.


Con un cartel que inclúe tanto artistas consolidados como bandas emerxentes, e máis de 40 concertos en formato íntimo e acústico, o público pode escoller entre diferentes actuacións simultáneas, favorecendo unha experiencia próxima e personalizada. Un festival que achega o violín ao público, desmontando o cliché que o asocia só coa música clásica.


A edición de 2026 celebrarase entre os días 2 e 5 de xullo, e contará con músicos e bandas galegas como Fernando Barroso, Tonecho Castelos e Pablo Esqueira, Abril ou Brío, entre outros. Compartirán escenario con agrupacións internacionais como Scottish Fish, San Miguel Fraser ou Darach, e destacados artistas escoceses como:

Alasdair Fraser, referente internacional do violín escocés e unha das figuras máis influentes da música tradicional celta actual; Katie McNally, brillante violinista e compositora que renova a tradición escocesa con forza, sensibilidade e gran personalidade escénica; Elias Alexander, virtuoso da gaita escocesa e multiinstrumentista especializado nas músicas de raíz atlántica e improvisación contemporánea.


Encordass Fiddle Fest conta coa colaboración do Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais.


Ademais da música, Encordass Fiddle Fest ofrece:

  • Visitas musicalizadas: paseos en barco con música en directo e visitas guiadas á Illa da Memoria.
  • Obradoiros e mostras: luthería do violín, gastronomía escocesa, danza, charlas culturais, etc.
  • Gastronomía: showcooking con chefs recoñecidos e degustacións de produtos locais.
  • Zona infantil: xogos tradicionais, obradoiros e concertos didácticos dirixidos ao público familiar.


Acceso e entradas

Ao elixir a data atoparedes distintos horarios para coller o barco.
O venres e sábado haberá barco desde Meirande ás 17:35.
O domingo tedes desde Vigo ás 11:15 e desde Meirande ás 11:45 e 12:30

O acceso ao evento realízase en barco dende os portos de Vigo e Meirande.

As entradas ao evento inclúen o transporte marítimo e o acceso ás actividades do festival.

Existen diferentes modalidades de acceso con prezos populares e un 15% de desconto coa tarxeta Xove, pensionistas ou persoas en desemprego. O acceso ao evento para menores de 12 anos é gratis.

As tardes do venres 3 e do sábado 4 de xuño, o festival ofrecerá un paseo en barco pola ría con música en vivo, visita guiada á Illa da Memoria, concertos, obradoiros de danza e gastronomía escocesa.

O domingo 5, a Illa de San Simón acollerá unha xornada con máis de corenta concertos, obradoiros, catas e diversas actividades.

EMBARCADOIRO HORA PREZO
VENRES 3
Meirande 17:35 35€



SÁBADO 4


Meirande 17:35 35€


DOMINGO 5

Vigo* 11:15 60€
Meirande 11:45 45€
Meirande 12:30 45€


NOTA SOBRE VIGO (*):

A entrada inclúe o traslado de ida en barco á illa co traxecto Vigo → Meirande→ Illa

Regreso: Dende a Illa a Meirande en barco, e logo á Estación Marítima de Vigo en minibús ou taxi, en función do número de entradas vendidas.


Horas saída illa
Venres

22:30 Destino Meirande

Sábado

22:30 Destino Meirande- Vigo

Domingo

22:30 e 23:30 (a saída das 23:30 inclúe traslado posterior en minibús ata Vigo).

O domingo ademais haberá barco opcional de saída da Illa con destino a Meirande ás 21:00




No caso de que por motivos alleos á organización houbera que suspender algún barco, ofreceranse alternativas de horario e día ou ben a devolución do prezo pagado pola entrada cos gastos de xestión. En ningún caso se indemnizará ou compensará a anulación do barco.

Agradecemos de antemán a comprensión.

Illa de San Simón